clica para entrar no IES de Ames |
PARABÉNS!
O IES que temos a carón, e que recibe alumnosdo noso centro, acaba de recibir o Premio Nacional de Educación a Centros educativos
polo traballo "Os petroglifos de Ames" que realizaron durante o curso
2012-13.
E
tamén foi premiado o "Musical Viaxe no Tempo" co Premio ás boas prácticas
educativas outorgado pola Consellería de Educación da Xunta de
Galicia.
E fai pouco o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais (ICAA), concedeu por
primeira vez os premios de Historia da Cinematografía e Alfabetización Audiovisual. Na categoría de Bacharelato premiouse o traballo dos alumnos do IES :"¿De qué falamos cando falamos de amor?"
No hay comentarios:
Publicar un comentario