27 feb 2016

Recitando a Rosalía

    Alumnas e alumnos participaron ao longo da semana na homenaxe a Rosalía de Castro organizada polo EDLG, Equipo TICs e Equipo de Biblioteca.
    Os pequenos de 4 e 5 anos achegáronse con este recitado de "Vente rapasa" a Rosalía. Participaron con este video na homenaxe que tivo lugar no Milladoiro. (ler + na páxina do Concello)

Os alumnos de primaria recitaron poemas de Rosalía: 

https://www.youtube.com/watch?v=lNtCVpuNr6Q

Estas son algunhas das fotos que se sacaron durante a preparación do video mesturadas con imaxes que nos serviron para achegarnos a vida e obras da escritora.

21 feb 2016

Guillermo de Baskerville e Atticus Finch. Umberto Eco e Harper Lee

   Umberto Eco, profesor, escritor e humanista, nunha ocasión dixo "O que non lee, aos 70 anos terá vivido unha sóa vida. Quen lee terá vivido 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás". Ese é o agasallo que nos deixa Umberto Eco: entrar na vida dos seus inmortais personaxes. Cando lín a súa obra máis coñecida, "O nome da rosa" (editado en 1980), puiden vivir nunha misteriosa abadía do século XIV a través das palabras que tan maxistralmente dominaba Eco. Un xénero fascinante, o thriller medieval, pero tamén unha crítica fronte aos que se cren donos da verdade absoluta. 
    
      Dous frades recén chegados (un deles, Guillermo de Baskerville, que no cine foi interpretado por Sean Connery e que por definilo con termos máis coñecidos está entre CSI e Sherlock Holmes) investigan unha serie de crimes nos que todos os monxes que leron un misterioso libro perdido van morrendo un a un.... Cal é o segredo deste libro maldito? Un tratado sobre a risa, o humor e a ironía que o anoxado bibliotecario cego garda na maravillosa e secreta biblioteca escondida na torre... Sen destripar a historia, cando les as páxinas nas que o protagonista Guillemo de Baskerville debe decidir os libros que pode salvar do incendio, Eco consigue que compartas a súa emoción e desesperación....

    Eco tamén era un escritor que manifestaba as súas opinións persoais sobre o mundo que lle tocou vivir, deixando unha ampla galería de frases e reflexións salpicadas de humor e crítica . Estas son algunhas delas:


 "As redes sociais danlle o dereito de falar a lexions de idiotas que antes falaban só no bar logo dun vaso de viño, sen danar á comunidade. Entón eran rápidamente silenciados, pero agora teñen o mesmo dereito a falar que un Premio Nobel. É a invasión dos imbéciles!"


 
 "Os libros respéctanse usándoos, non deixándoos en paz"

"O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le"

"Creo que aquilo no que nos convertemos depende do que os nosos pais ensínannos en pequenos momentos, cando non están intentando ensinarnos"

"Hoxe, cando saen os nomes de corruptos ou defraudadores e sábese máis, á xente non lle importa nada e só van ao cárcere os ladróns de polos ..."

"Nunca entendín si esta moda de pedir perdón indica un exercicio de humildad ou de desfachatez. Fas algo que non deberías, logo pides perdón e lávaste as mans..."



  Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus
  (da rosa só queda o nome).
Igual que remata con esta frase O nome da rosa,
 de Umberto Eco quedan as súas palabras. 

**************************************************************
  

 
   Outra escritora que morreu estes días, Harper Lee, deixounos un personaxe, Atticus Finch, que representa a integridade moral, o valor  e a loita ante a inxustiza.   Foi trasladado ao cine coa cara de Gregory Peck, no maravilloso clásico "Matar un ruiseñor"1960,  que retrata a America racista na gran depresión dos anos 30. O libro foi incluido nunha lista dos "libros que todos deberían ler polo menos unha vez na vida".  Así que xa sabedes!


    O libro está narrado en primeira persoa  por Scout Finch, unha nena de seis anos de idade , quen vive co seu irmán maior Jem e o seu pai Atticus, un avogado viudo.
     
    Estas son algunhas das frases que Atticus lles dí aos seus fillos cando estes se decatan de que existe o mal entre os seus propios veciños, nun pobo que creían idílico.

Un non comprende de verdade a unha persoa ata que considera as cousas desde o seu punto de vista...  Ata que se mete no pelexo do outro e vai por aí cos seus zapatos coma se fose esoutro.

Díganche o que che digan, non permitas que che fagan perder os nervios. Procura loitar co cerebro, para variar...

Aínda que perdamos cen anos antes de empezar, non é motivo para que non intentemos vencer.

Cando un neno che pregunte algo, contéstalle. Os nenos son pequenos, pero descobren unha evasiva antes que os adultos, e as evasivas só serven para atontalos.

Para poder vivir con outras persoas teño que poder vivir comigo mesmo. A única cousa que non se rexe pola regra da maioría é a conciencia dun.

Non hai que dicir que lamentas algo si non é así.
 
 Quería que descubrises o que é o verdadeiro valor, en vez  de crer que o valor encárnao un home cun arma na man. Un é valente cando, sabendo que a batalla está perdida de antemán, inténtao malia todo e loita ata o final pase o que pase. Un vence raras veces, pero algunha vez vence...

Antes que a ninguén, os meus fillos dirixen a súa mirada cara a min, e eu procurei vivir de forma que sempre poida sostela sen desviar os ollos...

13 feb 2016

Antroido 2016

    A semana pasada a Biblioteca prestou o seu escenario para o fotocall de antroido que o Equipo de Extraescolares organizou cos alumnos de primaria. Chaquetas, saias, garabatas, sombreiros, gafas, colares e todo tipo de adobíos encheron a Biblioteca e con eles os rapaces e os profes compuxeron os disfraces ao longo de esta divertida semana. Podedes ver as fotos premendo AQUÍ na web do cole.     
    Tamén nos blogues do centro se puxeron entradas con fotos e videos para compartir con todos estas xornadas do Antroido que remataron co baile de disfraces.
 
Podedes ver un video no blog de primaria premendo AQUÍ

Nos blogues de infantil, tamén podedes ver como se desenvolveu a semana e a festa do venres.
 AQUÍ NUNHA CLASE DE 3 ANOS  , NUNHA DE 4 ANOS  E  NUNHA DE 5 ANOS